A Vía da Plata ponse en valor dende Sarreaus

WhatsApp Image 2021-08-10 at 18.09.11
photo_camera O grupo de voluntarios e voluntarias en Sarreaus.
Os voluntarios, un máximo de 10 por quenda ata un total de 100, desenvolven actividades de sensibilización e coñecemento do patrimonio ambiental e natural

Dez persoas están a desenvolver nestes días actividades de sensibilización na Vía da Plata ao seu paso polo concello ourensán de Sarreaus. Esta iniciativa enmárcase nun novo programa de voluntariado ambiental impulsado dende a Concellería de Política Social. Precisamente, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou este martes as tarefas de “coidado e conservación” que están levando a cabo os participantes e salientou a importancia de poñer en valor o Camiño de Santiago. 

Pichel recordou, por outra banda, que o programa de voluntariado ambiental é unha nova iniciativa con actividades deseñadas en diferentes etapas de todo o Camiño: o Francés, na etapa de Sarria a Portomarín; Vía da Plata, de Laza a Vilar de Barrio; Camiño Fisterra-Muxía, na etapa de Muxía a Fisterra; Camiño Inglés, desde Sigüeiro a Santiago; Camiño Primitivo, de Castroverde a Lugo e Camiño do Norte, de Lourenzá a Mondoñedo.

Os voluntarios, un máximo de 10 por quenda ata un total de 100, desenvolven actividades de sensibilización e coñecemento do patrimonio ambiental e natural; de información, axuda e concienciación ambiental aos peregrinos; e labores de vixilancia ambiental.

Te puede interesar