EVENTO

Vilar de Santos celebrará mañá a feira de artesanía

vILAR DE SS
photo_camera A anterior edición do mercado que tivo lugar na rúa do Forno o pasado mes de xullo.

Participarán 35 postos de productos artesáns e gastronómicos locais

Vilar de Santos celebrará mañá domingo o seu terceiro Mercado de Artesanía e Producto Local con máis de 35 postos gastronómicos e artesanais, 10 mais que na pasada edición. O evento, organizado pola Arca da Noe, o Forno Tradicional Faragullas e o propio Concello de Vilar de Santos, comezará a partir das 12,00 horas coa apertura dos stands que estarán ubicados na rúa do Forno. 

Os asistentes poderán xantar no propio mercado, na Arca da Noe ou no posto habilitado para o pulpeiro, que se achegará ata a feira. Do mesmo xeito poderán adquirir unha ampla variedade de alimentos, principalmente ecolóxicos, como mel, pasta, pan, marmelada  ou hamburguesas. Por outra banda, os stands de artesanía incluirán bisutería, obxectos feitos con madeira e elaboracións con ganchillo. Todo feito de maneira artesanal. 

Ás 13,00 horás terá lugar a actuación musical de Alice Wonder, unha cantante madrileña que mestura os estilos "indie", o "soul" e o "rock", e que será a encargada de poñer a nota musical pola mañá na rúa do Forno. Non faltará a animación no pobo coa actuación de Fredi & Cía "Circanelo" Clown de Rúa a partir das 17,00 horas. A banda ourensá, O Sonoro Machín, pechará a xornada cunha actuación na que presentará o seu último disco. 

 "Na anterior edición achegáronse ata Vilar de Santos preto de mil  persoas, segundo o Concello, e este ano agardamos superar esta cifra", sinala Noemi.

O rexidor local, Xan Xardón, valorou "positivamente" esta iniciativa e sinalou que "cada vez os postos son máis diversos". Xardón explicou que se trata "de facer un aproveitamento dos recursos propios e de potenciar a actividade dos pequenos artesáns e emprendedores"."Que a xente que vexa que hai cousas distintas das que se atopan nas cidades". 

Te puede interesar