O CDR O Viso de Sarreaus participa en novos proxectos rurais
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria defendeu o dereito das personas maiores de poder elixir libremente como e onde queren pasar esta etapa das súas vidas
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, estivo de visita ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Lodoselo (Sarreaus).
Acevedo defendeu o dereito que teñen as persoas maiores de poder elixir libremente como e onde queren pasar esta etapa das súas vidas.
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou o traballo que se desenvolven nestas instalacións para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e fomentar un envellecemento activo, poñendo á súa disposición servizos de manutención, coidados persoais, fisioterapia e rehabilitación ou podoloxía, entre outros.
No Centro de Desenvolvemento Rural O Viso tamén se desenvolven diferentes actividades físicas e lúdicas, e conta con transporte adaptado para os seus usuarios para facilitar os desprazamentos.
El camino ESS
O CDR O Viso participa no proxecto El Camino ESS (Economía Social e Solidaria) que terá lugar este venres en Allariz, concretamente na Casa da Cultura. Ten como obxectivo dar visibilidade e valorizar as cooperativas, proxectos e iniciativas de diferentes sectores con base nunha economía alternativa e responsable a través da creación de experiencias turísticas sustentables.
O acto comeza ás 10:00 horas e durante o mesmo participarán as representantes das Comunidades Autónomas no que ten lugar o mesmo (Galicia, Cataluña, Aragón, A Rioxa, e Castela e León).
É un proxecto participativo no que se desenvolve experiencias turísticas con pequenas entidades cooperativas, que no caso de Ourense participan a Xeitura, Carabuñas e O Rexo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que nunca es tarde si la dicha es buena?
REFUERZO AÉREO
Dos millones de euros para la base aérea Antela
Lo último
DETRÁS DE LAS CÁMARAS
Taylor Swift se despide del The Eras Tour con su nueva docu serie "The End of an Era"