A LIMIA

Xinzo Adiante critica que se remunere ao edil de Urbanismo

A proposta do grupo de goberno para outorgarlle unha retribución económica segue a provocar o rexeitamento das formacións da oposición

A proposta do grupo de goberno de Xinzo para outorgarlle ao novo edil de Obras e Urbanismo, Ricardo Sieiro, unha retribución económica pola súa dedicación ao Concello, segue a provocar o rexeitamento das formacións da oposición.

Os últimos en amosar o seu descontento polo salario bruto de 1.900 euros mensuais que percibirá o concelleiro popular foron integrantes de Xinzo Adiante (XA). "A unha persoa que traballe hai que reconocerlle o seu labor, pero a que asumirá Sieiro é unha Concellería de Obras, Infraestruturas e Urbanismo e aí quen traballa son os técnicos municipais que para eso os temos", manifestou Xosé Miguel Barrios, edil de XA. "Esto non foi máis que o pago para que este señor siga apuntalando a maioría absoluta do Partido Popular", engadiu.

Dende o grupo da oposición limiao manifestan, ademais, non crer en absoluto "no altruismo" do concelleiro. "Este señor veu dende Alemania porque negociou unhas condicións que lle interesaban, e para o pobo de Xinzo van a supoñer que lle saia máis caro o goberno municipal", dixo Barrios.

Te puede interesar