Bande levanta o telón dos encontros de teatro

A inauguración dos encontros en Bande.
photo_camera A inauguración dos encontros en Bande.

Ao longo de toda a semana pasarán polo salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande 14 grupos escolares e amateur de teatro

Cativos de Chantada (Lugo) e ourensáns de Ramirás, Os Blancos e Bande protagonizaron onte a xornada inaugural dos “XXVIII Encontros de Teatro escolar e amateur de Bande”.  A alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, foi a encargada de dar a benvida aos participantes e ao público congregado no salón de actos do colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo da localidade.

Ao longo da semana pasarán polo escenario escolar unha ducia de  grupos de ensinanza e amateurs das provincias de Ourense e de Lugo, nunha actividade para todos os públicos aberta á veciñanza. As representacións arrancarán as dez da mañá e sucederanse ata as 13,00 horas en función do número de obras e a duración.

Os Encontros de Teatro escolar e amateur de Bande volven ao calendario festivo de Bande despois de tres anos de parón pola pandemia. A actividade,  que conmemora a festividade das Letras Galegas, xurdiu fai tres anos dende o Centro de Recursos de Bande do CEIP e actualmente conta coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia, ademáis do IES AQuis Querquennis.

Te puede interesar