Voltan ao Xoaquín Lorenzo os encontros de teatro de Bande

Exterior do centro banduense onde se celebrarán os encontros de teatro.
photo_camera Exterior do centro banduense onde se celebrarán os encontros de teatro.
Os escolares do CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis de Bande serán os encargados de abrir e pechar este certame que conmemora o Día das Letras Galegas 

O salón de actos do colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo de Bande acollerá hoxe, ás 10,00 horas, a inauguración dos “XXVIII Encontros de Teatro Escolar e Amateur”. Tras o parón pola pandemia, a capitalidade da Baixa Limia retoma unha semana de artes escénicas coa participación de un total de 12 centros escolares e grupos amateurs das provincias de Ourense e Lugo.

Os escolares do CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis de Bande serán os encargados de abrir e pechar este certame que conmemora  o Día das Letras Galegas e que se prolongará durante toda a semana. Tódolos centros participantes recibirán un premio en metálico e diploma de participación.

Te puede interesar