Os Encontros de Teatro de Bande congregarán a doce grupos

Imagen de archivo de unas butacas de teatro
photo_camera Imagen de archivo de unas butacas de teatro

Volven os “Encontros de teatro escolar e amateur de Bande”

Un total de 12 grupos, entre centros escolares, asociacións de nais e pais de alumnos e colectivos amateurs, participarán do 15 ao 19 de maio na vixésimo oitava edición dos “Encontros de teatro escolar e amateur de Bande”. Serán os primeiros encontros que se celebran tras a pandemia e baixo a organización de “Lirio do Xurés”, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Dirección xeral de Política Lingüística,  o Instituto Aquis Querquennis, o colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo e o Concello de Bande.

O salón de actos do propio CEIP banduense acollerá, ao longo da semana das Letras Galegas, a posta en escena das distintas obras, en galego e cunha duración estimada de entre 15 e 45 minutos, por parte de alumnos e grupos de teatro amateur de ensino non universitario. Tódolos centros participantes recibirán un premio de 220 euros e un detalle de participación. A maiores, recibirán unha axuda por desprazamento aqueles agrupacións ou centros que se despracen máis de 50 quilómetros.

Te puede interesar