O BURRO DO PARADA E A CHEGADA DO AVE

Ben decía o meu pai: 'Este ve menos que o burro do Parada'. Era un burro o que, nas feiras do 17, o Parada lle puña unhas gafas verdes e palla seca, e o burro fartabase de comer. Tiña o burro amarrado no Pompeo.
Isto ven a conto da chegada do AVE a Ourense, e a repercusión na economía da provincia, o potencial termal e gastronomico é impresionante. Isto vai facer que o PIB suba máis da media do 40% que se estima o crecemento dunha región ou cidade cando chega o AVE. Para elo hai que empezar a traballar xa, é non cando o AVE chegue, pois hai que ter consolidada a oferta moito antes. Para isto fai falla empezar a xenerar infraestructuras hoteleiras, termais, etcétera. Entendo que a visión dos políticos lamentabelmente e pelexar entre eles e non ter a visión de desenrolar a cidade e potenciala, e me refiro a todolos partidos sen excepción, pero hai moita xente con talento, como di a filla de Chaplin 'o que fai falla e traballar e traballar'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director