O CA FIXO, CA PAGUE

Son adicto as débedas, e iso levoume a letura do último libro de François Chesnais: 'As débedas ilexitimas'.
Andaba na procura dun xeito de liberarme de algunha débeda, por se algunha fora ilexitima, pra negarme a pagala. En realidade, o catedrático galo fala das enormes débedas públicas, orixinadas pola inmoralidade amosada dos bancos metendo mán nas políticas públicas. Nesa espesa letura andaba eu descarriado, cando Don Mariano, interrumpindo a súa letura preferida da prensa deportiva, dou a nova exitosa de haber conquerido un préstamo para aliviar a febre descapitalizadora da banca. E xurdiu a controversia sobre o sinificado da axuda do Eurogrupo. Que se rescate, que se liña de crédito, etcétera. Tal cosa que tiven ca acudir ao texto orixinal do comunicado do debandito Eurogrupo. Vou a reproducilo: 'The Eurogroup considers that the FROB, acting as agent of the Spanish government, could receive the funds and cannel them to the financial institutions concerned. The spanish gonverment will retain the full responsibility of the financial assitance and will sign the mou'.

Din que don Mariano é de orella dura pra as lingoas alleas ao castelán, polo que, poida, que non traducira ben a mensaxe. E o Estado quen asume toda a responsabilidad do pagamento da axuda financieira. O préstamo, de entrada, deberá imputarse no pasivo da contabilidad nacional. O crédito terá un prazo de vencimento e xenerará xuros. Namentres non se canalice á banca iste crédito, os xuros son gastos que incrementarán o déficit do Estado. Nistes tipos de axudas a xeneralidade en prazo e no tipo de xuro é de 3 anos e do 3%, respetivamente.

Se se confirma a cantidade de 100 mil millóns de euros, pagaremos 3 mil millóns de xuros ao ano, e a amortización correspondente. ¿Cánto ten previsto recuperar ao ano o goberno de dito desembolso? ¿E que pasará na banca xa nacionalizada, polas pasadas aportacións do FROB convertidas en participacións? Terá que pagar os xuros o mesmo Estado. E decir todos nos. Ou sexa, pagaremos unha débeda que non é nosa. E unha debeda ilexitima. Se non queremos deprender dos países sudamericanos, fagamos coma os islandeses: ¡que paguen os que a fixeron! Ou sexa, a Banca e os que a axudaron en tal tolemia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director