políticamente incorrecto

Xa abonda.
Estou farto. Como calquera. Do desencanto. Da ruína. E da democracia esborranchada. Eu cumpro. Ti aprovéitaste. Un día falaron de xustiza. De dereitos. Falaron. Meu pai e miña nai calquera día destes rebentan. Outra vez. Porque xa rebentaron. Por sacrificarse e traballar. Por levantarse cada mañá coa ansia cravada de quitar adiante á familia. Para darlle a razón á palabra dignidade. E para aspirar a ser nada máis que persoas. Nin nada menos. Todo o outro, borralla. Adoitaban dicirme. Eu, tamén. Cada mañá a buscarme a vida. Para andar. Camiñar. Avanzar. Iso. Só iso. Sen máis. Nin menos. Porque así foi como me educaron. Xa non falo de correr. Nin tanto. Mentres. Eles. Os outros. A correr e dando codazos. Listo o primeiro que chegue. A procurar sitio aínda que faga sangue e me salpique. Cólleo ti, anda. Aproveita e cólleo ti. Non sexas parvo. Que de parvos xa está o país ben sementado. Que se fodan. Ademais. Infelices. Inocentes.

Te puede interesar
Más en Cartas al director