SOR TERESA FORCADES VOLVE ARMALA

O feito tivo lugar o pasado 25 de agosto. Foi en Montserrat, nun acto celebrado pola Asamblea Nacional Catalana na Praza da Creu. Logo da música, dunha misa conventual e ofrenda froral, a monxa beneditina arengou aos presentes. Fixo un auto de fe independentista. Segundo a relixiosa, o proxeto de autodeterminación é merecente do eloxio, xa que arrufa unha pluralidade e diversidade non excluinte. E engadíu que isa diversidade ten comparanza coa pluralidade da Trinidade Cristiana.
Teresa Forcades i Vila é catalana. Licenciouse en Mediciña na Universidade de Barcelona, e ampliou estudos en New York, Harvard e Cambridge. Con posterioridade obtivo a licenciatura en Teoloxía Fundamental, cunha tese sobre a Trinidade e a idea da liberdade persoal. En 1997 tomou os hábitos no monasterio beneditino de San Benet (Barcelona).

Sor Teresa alcanzou sonada fama cando publicou un vídeo en 2009 onde atacaba a xestión da OMS, dos laboratorios comercializadores, na pandemia da gripe 'A'. Dende entón é unha estrela mediática, un símbolo do progresismo. Acérrima feminista, que se move no eido da Teoloxía da Liberación. Chega a xustificar o aborto. O aborto, pregoa a relixiosa, non é un crime, xa que o feto non é outra vida, se non é algo que forma parte da nai, e abonda que Deus puxo o feto na nai, e polo tanto, é a ela a quen lle peta decidir se aborta ou non.

Con tanto rebulir de hábitos monxiles, faiseme que ao Vaticano médranlle os ananos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director