A bolboretiña do día | Hipismo e halterofismo

descarga (2)
Saben que as normas lingüísticas da RAG na súa introdución afirman que debemos ter o portugués como un punto de referencia na modernización da lingua, sempre e cando as súa escollas non vaian contra a nosa tradición. Por exemplo, se nós dicimos “fixo” e non “fez”, pois dúbida, cero, fixo sempre. E mesmo coas palabras inventadas por nós, como “solpor”. E no que respecta ao mundo do deporte, o outro día lía nun xornal portugués algo sobre o “hipismo” como deporte con cabalos no que se inclúen corridas e saltos de barreiras. E pensei que a maioría dos deportes acaban en -ismo, como sufixo de actividade ou tendencia. Así, atletismo, piragüismo, ciclismo, motociclismo, etc. e, se cadra, non estaría de máis incluír, como fan en Portugal, ese hipismo e, tamén, o halterofismo, porque a verdade, halterofilia non sei se soará a perversión sexual.

Te puede interesar