A bolboretiña do día | Ortofonía e gheada

descarga
Escribir “Vurro” é tan feo como “Vande”, “Berín” ou “Hourense”. Cada lingua foi aceptando como correctas –orto– unha formas de escribir –grafía-- e desbotando outras. E faise con razóns etimolóxicas –cando se sabe— ou de uso habitual. O galego, aquí, é máis achegado ao latín có castelán ou o portugués. Pero tamén existe a ortofonía que trata da correcta –orto– pronuncia –fonía– dunha lingua. E estes días vólvese discutir, se é lexítimo e conveniente o uso da gheada. Se é aspirada –ghato, tipo h do inglés, en How are you?– como se fai en moitas aldeas, non é influencia do castelán como testemuña a súa presenza, da que dou fe, en aldeas do norte de Portugal. Outra cousa é se o facela idéntica á “jota” do castelán, (fricativa velar xorda –jato–) sería desa influencia. En calquera caso, a min, a aspirada gústame e paréceme de falantes naturais. A outra, tan mariñeira das Rías Baixas, quédanos lonxe, e, perdoen, non a aconsello para non forzar a gorxa. Paréceme tan molesto para a garganta dicir “jato” como “Javier”.

Te puede interesar