A bolboretiña do día | De sombreiros, chapeus e pamelas

undefined

Seica acabará por vir o sol. E haberá que se protexer. Un pódese poñer nun lugar ben asombrado, ou sexa onde haxa sombra. Pero tamén pode meterse debaixo de varios elementos para facerse vostede a súa propia. O primeiro, claro un sombreiro (de so-, debaixo, e umbrarium, de umbra, sombra en latín). Curioso que usemos máis popularmente, a forma de orixe francés “chapeu”, así pronunciada (en vez de “xapó”), o que me fai sospeitar que chegou pola letra impresa nalgún momento do século XVIII que é cando aparece. Tamén pode usar un “parasol” que vén sendo parecido a un paraugas, aínda que os primeiros son máis de praia ou terraza. En castelán chámanlle “sombrillas” porque producen unha “sombriña” moi agradable. A min, chamarlle tamén nós “sombriña” non me parecería mal, aínda que non o recolla o dicionario. Pero a analoxía de para-augas, para-sol paréceme perfecta. E se vostede quere poñer algo grande, colla unha “pamela” que é unha palabra cunha historia simpática. Creouna un inglés, cóntollo mañá.

[email protected]

Te puede interesar