Moby, Los Campesinos! e os galegos The Blows, novas incorporacións ao Festival Vigo Transforma

Á venda os 1.000 primeiros abonos de tres días para os concertos do 30 de xuño e 1 e 2 de xullo
O artista Moby, a banda británica Los Campesinos! e o grupo vigués The Blows son as novas confirmacións do Festival Vigo Transforma, que se celebrará na cidade olívica entre do 23 de xuño e o 2 de xullo.

O festival, organizado pola Xunta, Porto de Vigo, Esmerarte e Music2Day; celebra este ano a súa segunda edición e está concibido como un espazo de participación, convivencia, interrelación de diversas disciplinas artísticas nun ámbito urbano.

No apartado musical, a artistas xa confirmados como Yann Tiersen, Vetusta Morla, The Pains of Being Pure at Heart, Russian Red, Xoel López, The Gift, Ron Sexsmith, Catpeople, Eladio e os Seres queridos e Hola a Todo o Mundo; súmanse agora as incorporacións de Moby -que acaba de publicar o seu noveno álbum e é o autor do disco de música electrónica máis vendido da historia-, Los Campesinos! e os vigueses The Blows.

Por outra banda, o festival acaba de poñer á venda os 1.000 primeiros abonos de tres días para os concertos do 30 de xuño e 1 e 2 de xullo. Trátase dunha promoción exclusiva a un prezo de 50 euros máis gastos e á que se pode acceder a través da páxina www.vigotransforma.com.

Te puede interesar