O músico sueco José González ofrece un concerto este sábado en Vigo dentro do Festival Sinsal 9

O músico José González, sueco de pais arxentinos exiliados, ofrece un concerto este sábado, ás 21.00 horas, no Teatro Novacaixagalicia de Vigo, dentro do Festival Sinsal 9.
Dous anos despois de cancelar a xira coa que contaba estar na sétima edición do Festival Sinsal, José González traerá, esta vez si, o seu folk de guitarra, voz grave e suave e mestría a Galicia.

Líder tamén do trío Junip, na cidade olívica presentarase en solitario e interpretará temas dos seus discos 'Veneer' e 'in our nature'. 'Ben pouco é o que precisa este cantautor do século XXI para conectar coa audiencia', subliña o festival.

Te puede interesar