2014

Neira Vilas e o grupo Marcelo Macías, entre os Premios da Cultura Galega

Cada ganador recibirá un cadro da coLección 'Kermesse' do pintor ourensano Antón Pulido, creados para estos premios

Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia recibirán o vindeiro mércores, día 10 de decembro, os Premios da Cultura Galega 2014 en Santiago de Compostela.

Nun acto que terá lugar na Cidade da Cultura, cada gañador recibirá un cadro da colección 'Kermesse' do pintor ourensano Antón Pulido, creados especialmente para estes premios, avanzou a Consellería de Cultura nun comunicado, no que precisou que a gala se poderá ver a través da canle 2 da TVG.

En concreto, os galardoados son o escritor Xosé Neira Vilas na categoría de 'Letras'; a Galería Trinta na de 'Artes plásticas'; o actor vigués Cándido Pazó na de 'Artes escénicas'; o Festival de Ortigueira na de 'Música'; a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) na de 'Audiovisual'; o profesor David Mackenzie en 'Lingua'; o Grupo Marcelo Macías en 'Patrimonio cultural'; e o Centro Pen Galicia na modalidade de 'Promoción exterior'.

A xornalista Marga Pazos conducirá o acto de entrega, no que a cantante galega Uxía Senlle será a encargada de presentar unha homenaxe a Martín Códax, xunto a Sérgio Tannus e Santi Cribeiro. Esta iniciativa débese a que o 10 de decembro se cumpre o centenario da recuperación das cantigas de Martín Códax. "A efeméride estará presente no acto", afirmou a Xunta. Ademais de Uxía, acudirán os músicos Nani García, Simón García e Miguel Cabana e o director de cinema Lois Patiño, que proxectará un video de creación propia. A posta escénica será dos alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (Esad) e do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Te puede interesar