Os madeireiros facturaron 1.722 en 2010, un 6% máis que en 2009

A industria galega da madeira facturou un total de 1.722 millóns de euros en 2010, o que supón un incremento do 6% en relación co ano 2009. Con todo, a cifra do pasado exercicio é inferior ós 2.419 millóns acadados en 2007. O sector frea a caída de 2009 ao recuperar actividade nos subsectores máis internacionalizados, segundo interpretaron a secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores, Ana Orons, e o xerente do Cluster de Madeira de Galicia, Ricardo González.
Ante este dato 'positivo' pero que 'non marca tendencia xeral', ambos reclamaron á Administración autonómica unha política forestal a longo prazo que achegue 'estabilidade e seguridade' aos propietarios dos montes e ás empresas que se dedican ás distintas actividades relacionadas coa madeira.

Te puede interesar