VIOLENCIA DE GÉNERO

Centos de persoas acoden ao funeral pola última vítima da violencia machista en Pontesampaio

photo_camera Centenares de personas se concentraron ayer en Ponte Sampaio en un acto de recuerdo a la mujer fallecida.

Varios veciños lamentaron que este suceso, do que non hai ningún precedente na parroquia, é unha "traxedia" e unha "desgracia moi grande" para Pontesampaio.

A igrexa de Pontesampaio, en Pontevedra, quedou pequena para acoller os centos de persoas que, non solo desta parroquia, senón tamén dende as localidades lindantes de Soutomaior e Redondela, acompañaron á familia de Concepción Regueira Peón, de 38 anos, no funeral por quen foi a quinta vítima da violencia machista en Galicia no que vai de ano.

Tan numerosa foi a afluencia de público que ata o adro do templo se encheu de veciños; entre eles atopaban o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Igualdade, Carme Fouces, e os concelleiros de Facenda, Raimundo González, e Accesibilidade, Luis Bará, estes últimos con vinculación e raíces familiares nesta parroquia pontevedresa.

Ao termo do funeral, o presidente da Asociación de Veciños Heroes de Pontesampaio, Ramón Agulla, destacou a "resposta contundente" por parte da cidadanía na concentración de repulsa polo crime e en solidariedade coa vítima e os seus achegados, que se celebrou este pasado domingo ante a vivenda da muller asasinada.

Así mesmo, varios veciños lamentaron que este suceso, do que non hai ningún precedente na parroquia, é unha "traxedia" e unha "desgracia moi grande" para Pontesampaio.

Te puede interesar