Clausurados dez vertedoiros municipais durante este ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas selou 10 vertedoiros municipais durante o primeiro semestre do ano, co que quedan só catro en Galicia -o 1,5 por cento de todos os que había en 1998-, nos que está previsto realizar este tipo de actuacións. De momento, as provincias de Pontevedra e Ourense foron as primeiras en finalizar os traballos neste ámbito. O departamento de Medio Ambiente informou de que, durante a primeira metade do ano, se investiron case 2,5 millóns de euros, aos que se sumarán os 800.000 que custarán as obras de peche e recuperación ambiental dos catro vertedoiros que faltan.

259 SELADOS DENDE 1998

Segundo os datos da Xunta, dende 1998, o Goberno galego clausurou 259 vertedoiros de residuos urbanos, que supuxeron unha inversión de case 71 millóns de euros. Con estas actuacións, explicou Medio Ambiente, elimínanse os depósitos de residuos sólidos de diversa orixe que existían nos concellos antes da posta en marcha do Complexo Ambiental de Cerceda (Sogama).

Te puede interesar