Educación inverterá 270.000 euros para a atención á diversidade nos centros educativos da comunidade

A consellería de Educación investirá este ano case 270.000 euros no acondicionamento e mellora das condicións de estudio do alumnado galego con necesidades específicas de apoio educativo.
Un total de 119 centros sostidos con fondos públicos beneficiaranse desta actuación, que contempla a asignación de material específico, como mesas adaptadas, cadeiras posturales, padiolas, equipos informáticos e emisoras de frecuencia modulada.

Educación pretende con esta inversión 'garantir un óptimo desenvolvemento educativo e social de todos aqueles estudantes que se atopen en situacións asociadas a unha minusvalidez física, psíquica e motora', e que este desenvolvemento 'prodúzase correctamente e ao mesmo ritmo que o resto dos seus compañeiros'.

Te puede interesar