Os efectivos do GES de Brión recuperaron o corpo sen vida do home , que caeu o pozo ás 21,20 horas polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros.
Un home faleceu tras caer nun depósito de auga no lugar de Ortoniño, no municipio coruñés de Ames, conforme informou o CAE 112 Galicia.
Por razóns que se descoñecen, a vítima caeu ao tanque pouco antes das 21,20 horas. Os efectivos do GES de Brión recuperaron o corpo sen vida do home polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros.
Pola súa banda, os técnicos de Urxencias Médicas enviaron ao lugar un equipo que só puido certificar a morte. Ademais, tamén se mobilizou a Garda Civil e informouse aos Bombeiros de Boiro.