Farjas destaca accesibilidade para doar sangue con puntos fixos en hospitais

- La conselleira de Sanidad, Pilar Farjas, durante la visita que realizó hoy a los nuevos locales de donación del Centro de Transfusión de Galicia en Ourense. EFE/Oscar Pinal
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, destacou esta mañá en Ourense o compromiso do Goberno galego para mellorar 'a accesibilidade á doazón' a través da incorporación de puntos fixos nos complexos hospitalarios de Galicia.

Durante unha visita realizada ao novo local do centro de transfusión da cidade, Farjas resaltou que, coa implantación destes novos locais, a Xunta espera facilitar instalacións 'máis accesíbeis' para que todos os visitantes e as familias 'lembren ao pasar o importante que é facer unha doazón de sangue'.

Así mesmo, referiuse ao incremento en preto de 25% do número de doazóns na capital da provincia, coa incorporación dun punto fixo de doazón no hospital ourensán desde o pasado mes de xuño.

No que atinxe ao número de doazóns en Ourense, a conselleira resaltou que das 12.000 anuais na provincia, 5.000 corresponden á capital.

Farjas pronunciouse ademais sobre outros temas de actualidade, como a situación do Plan Director de Ourense, paralizado desde hai dous anos e sobre o que asegurou que a Xunta está 'cumprindo os prazos e dando resposta á mellora destas infraestruturas'.

Non obstante, non concretou cal será o tipo de financiamento, algo que non se saberá até que 'estea elaborado o proxecto construtivo', aínda que garantiu que o Goberno galego está traballando 'por ofrecer unha rede hospitalaria 100% pública', aínda que 'dentro das posibilidades'.

No referente ás obras de reforma que se están a realizar no hospital de Piñor para poder acoller os doentes procedentes do psiquiátrico de Toén, a conselleira remarcou que a Xunta está traballando para ofrecer 'unhas infraestruturas dignas, de futuro e atención sanitaria propia' co fin de 'mellorar a asistencia a pacientes psiquiátricos'.

Finalizadas as actuacións de seguridade, nestes momentos están en proceso de contratación as obras 'de mantemento e mellora dos espazos físicos de Piñor', indicou.

Te puede interesar