Imputadas catro persoas como presuntas autoras de incendios en Cabana de Bergantiños e Caldas de Reis

A Policía Autonómica imputou catro persoas como presuntas autoras de incendios forestais nos concellos de Cabana de Bergantiños (A Coruña) e en Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra.

Axentes da Xefatura Provincial da Coruña imputou a tres veciños como presuntos autores dun lume o pasado 17, que se orixinou nunha queima non autorizada.

O incendio tivo lugar na parroquia de Cesuras, no concello de Cabana e afectou a 1.000 metros cadrados de superficie arbolada. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Carballo (A Coruña).

Por outra banda, axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra imputaron un veciño como presunto autor doutro incendio forestal imprudente, motivado por un escape nunha queima, na que non se adoptaron as medidas preventivas necesarias.

En concreto, o lume tivo lugar en Calcote, Parroquia de Godos, no Concello de Caldas de Reis e afectou a 900 metros cadrados de superficie arbolada. Por estes feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de Garda, de Caldas de Reis.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza recordou que no que vai de ano leva imputadas ou detidas 48 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Te puede interesar