SEGURIDADE

Investigaranse as trampas para ciclistas que existen nos montes galegos

BICI
photo_camera Imaxe dunah carreira con bicicletas de montaña. EFE

A Policía Autonómica quere garantir a seguridade dos deportistas que practican bicicleta de montaña
 

A Policía Autonómica investigará as trampas para ciclistas que existen nos montes galegos e aproveitará as patrullas despregadas para garantir a seguridade dos deportistas que practican bicicleta de montaña.

A iso comprometeuse o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión mantida co presidente da Asociación de Ciclistas Galegos, Juan Torrado, na que analizaron a problemática que supoñen estes obstáculos e ofrecerlle a colaboración do Executivo autonómico para a súa erradicación.

No encontro tamén estiveron presentes os principais responsables autonómicos con competencias na materia, como son o secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete; o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto; e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco Fernández.

Te puede interesar