O MARM convoca ao sector lácteo para analizar o estado de elaboración do decreto sobre contratos homologados

A Subdirección Xeral de Produtos Gandeiros do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino (MARM) convocou para este mércores, día 16, ás organizacións agrarias, ás cooperativas e á federación de industrias lácteas para analizar o estado de elaboración do Real Decreto co que o departamento de Rosa Aguilar prevé impoñer os contratos homologados nas relacións comerciais do sector.
En declaracións a Europa Press, o presidente da Interprofesional Láctea (Inlac) e membro da central Unións Agrarias, Román Santalla, sinalou que unha das cuestións 'fundamentais' que se tratará no encontro será o desenvolvemento dos regulamentos comunitarios, co obxectivo de 'darlle cobertura' ao texto español. 'É importante que ambos os dous vaian na mesma dirección', apuntou.

Deste modo, considerou que o que se intenta é 'adiantarse' ao que poida saír das decisións de Bruxelas e destacou que a norma está a 'seguir os pasos habituais' e que a data do próximo 1 de abril, para a súa entrada en vigor, mantense'. Entón, abrirase un período transitorio de adaptación de seis meses.

A reunión, á que convocou a propia subdirectora xeral, Esperanza Orellana, celebrarase a partir das 16.30 horas nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Agrícolas e Gandeiros.

Te puede interesar