Pachi Vázquez dá por feito que será o voceiro do PSdeG no Debate sobre a Autonomía dúas días despois do congreso

Foto: EFE
O secretario xeral do PSdeG e candidato á reelección, Pachi Vázquez, deu por feito este luns que exercerá como voceiro do seu grupo no Debate sobre o Estado da Autonomía, que se celebrará dous días despois do congreso no que se renovará a dirección do seu partido.
'Estou completamente seguro de que darei o debate', asegurou, entre risas, preguntado polos xornalistas sobre quen formularía a réplica ao presidente da Xunta no caso de que resulte vencedora no conclave a exministra Elena Espinosa.

Con esta breve resposta, o actual líder socialista deu por finalizadas as súas declaracións á prensa para incorporarse a unha reunión á que estaban citados na sede do PSdeG o deputado coruñés José Luis Méndez Romeu e os alcaldes socialistas de municipios pequenos e medianos para abordar a posible fusión de concellos.

Te puede interesar