O PSdeG critica o uso indebido dos coches oficiais da Xunta

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista no Parlamento, Beatriz Sestayo, anunciou onte que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ó presidente da Xun ta, Alberto Núñez Feijóo, que investigue os usos indebidos do parque móbil da Xunta, comunicarllos a esta Cámara e adoptar as medidas sancionadoras que procedan, incluíndo, no seu caso, as de asunción de responsabilidades políticas.
Beatriz Sestayo rexistrou estas cinco iniciativas tras coñecer por este periódico e pola Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta de Galicia 'o uso indebido dos coches oficiais que realizan membros doexecutivo galego'. Por iso insiste nas súas criticas a 'malversación dos fondos públicos que debe ser suprimida e condeada'.

A parlamentaria socialista afirma que 'o cinismo do goberno do PP é unha constante do seu goberno'. Advirte ademais que 'as evidentes contradicións entre o seu discurso e os feitos son múltiples'.

Sestayo sinala tambén que unha das contradicións máis evidentes 'plásmase na tan predicada 'austeridade', un mantra que veñen repetindo no discurso como escusa para aplicar os recortes nos servizos públicos e nas políticas de cohesión social que tanto molestan ao Partido Popular'.

Te puede interesar