O Ministerio de Trabajo aposta ‘polo emprego de calidade’ cun modelo económico que achegue ‘máis valor engadido e produtividade’

A Xunta creará o Consello Galego do Traballo Autónomo para que este colectivo ‘faga valer’ os seus dereitos

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou hoxe que o seu departamento publicará o decreto que regule a creación, composición e funcións do Consello Galego do Traballo Autónomo para que os traballadores ‘poidan facer valer os dereitos colectivos que se lles recoñece na lei’.
Na súa intervención nun seminario organizado en Santiago sobre o Estatuto do Traballo Autónomo, Varela tamén adiantou que, na aposta por esta figura, en 2008 o seu departamento autonómico creará ‘o rexistro especial de asociacións profesionais de traballadores autónomos de Galicia e nomeará o órgano que determinará a representatividade destas asociacións profesionais’.

O titular de Traballo recordou que dende o inicio da lexislatura a Xunta mantén un compromiso ‘coa cultura do emprendimiento e da innovación’ e subliñou que en 2006 se crearon ‘8.378 novas empresas en Galicia e este exercicio a previsión é que 6.000 autónomos cren o seu posto de traballo co apoio’ do departamento autonómico.

Ricardo Varela indicou que en 2008 haberá unha partida de 50 millóns de euros, un 18,7 por cento máis, dedicada ao emprendimiento e á economía social, dos que 30 serán para a mellora do programa de promoción do emprego autónomo.

O conselleiro tamén apuntou que dende o primeiro momento da elaboración de texto legal e nos traballos previos, a Xunta ‘apostou polo Estatuto do Autónomo, pois entende que ‘supón un avance nos dereitos e na definición’ deste colectivo.

PUNTO DE PARTIDA.

Pola súa banda, o secretario xeral de Emprego do Ministerio de Trabajo, Antonio González, subliñou o apoio do Goberno central ao colectivo de autónomos e afirmou que ‘o Estatuto non é o final’ dun proceso, senón que, pola contra, ‘é o punto de partida’.

Antonio González apostou por seguir impulsando ‘a calidade no emprego’, tanto dos traballadores por conta allea coma dos autónomos, pois recoñeceu que continúa sendo ‘o déficit do traballo en España’.

O alto cargo do Ministerio de Trabajo defendeu a conveniencia de afondar no cambio de modelo económico ‘cara a actividades de maior valor engadido e produtividade’, para o que considerou clave o diálogo social ‘coa participación de sindicatos e empresarios’.

Te puede interesar