Wind Rock Band

Rock do Conservatorio de Ourense

Wind Rock Band
photo_camera Wind Rock Band
O Conservatorio Profesional de Música de Ourense estrea banda de rock, a Wind Rock Band, para poñer en valor o traballo do alumnado e tamén potenciar o patrimonio bandístico popular da provincia  

Tras a súa estrea a sala chea no Teatro Principal e cunha intensa axenda por diante, actuar en directo é xusto una das motivacións principais para a posta en marcha da primeira banda de rock do Conservatorio Profesional de Música de Ourense: a Wind Rock Band. “Unha actuación da banda en directo da sentido a todo o esforzo individual e colectivo levado a cabo durante meses”, asume Emilio José Vázquez Rodríguez, profesor de saxofón e director da flamante agrupación.

Como xurdiu a idea de crear unha banda de rock?

A banda xorde por varios motivos. Poñer en valor o traballo do alumnado que é moi intenso durante todo o curso escolar e que deste xeito se lles recoñeza o esforzo. Achegarnos á sociedade de xeito masivo a través de concertos de música popular e non so no ámbito da música clásica. Dar visibilidade as ensinanzas que impartimos no conservatorio e de paso promocionar especialidades instrumentais e atraer a novo alumnado ó centro. Potenciar o patrimonio bandístico da provincia, que Ourense siga sendo un punto de referencia en canto o número de bandas populares.

Como recibiu o alumnado a idea, teniendo en cuenta que é unha actividade extra-curricular e teniendo e que hoxe o rock non é a música máis popular entre os mozos?

Sendo ésta unha actividade voluntaria non podiamos prever cal sería a acollida pero á vista está que o resultado é máis que satisfactorio. Somos una banda de 50 integrantes e nela están representados tódolos instrumentos da familia de vento madeira, vento metal e percusión, ademáis dos propios de banda de rock como a guitarra eléctrica, o baixo eléctrico os teclados e incluso un vocalista. Os alumnos veñen a ensaiar fora do seu horario oficial como un extra pero ademáis deben estudar na casa o repertorio e esto implica máis tempo engadido. E se ben certo é que hoxe hai outros estilos musicais máis de moda, o rock non é descoñecido para os alumnos. Para os alumnos de menor idade si que lles resulta un tanto novedoso, pero a medida que a idade se incrementa xa non lles pilla de improviso. 

Como elixen o repertorio? Teñen pensado incluír artistas ourensáns? 

Tentamos tocar distintos subxéneros do rock, o heavy metal, hard rock, as baladas, a través de temas míticos de grupos consagrados, referentes no seu estilo, Pink Floyd, Queen, AC/DC, Prince, entre outros. A idea é ir ampliando o repertorio pouco a pouco e no horizonte está poder tocar algún tema da banda referente da cidade Los Suaves.

Te puede interesar