OBRAS

Adjudicadas obras de reforma en colegios de Verín y Trives

No caso do centro verinense, trátase da execución dunha nova cuberta, para o que se dá un prazo de execución de un mes e medio. 

A Consellería de Cultura e Educación vén de adxudicar as obras previstas para este verán no IES Xesús Taboada Chivite (Verín) e no CEIP Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives), ás que se destinarán un total de 130.595,49 euros.

No caso do centro verinense, trátase da execución dunha nova cuberta, para o que se dá un prazo de execución de 1,5 meses. O importe de adxudicación á empresa Construcciones Benigno Álvarez ascende a 112.385,70 euros. Por outra banda, no CEIP Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives) acometerase a renovación da carpintería exterior do centro, co fin de mellorar o seu illamento. O importe da adxudicación ascende a 18.209,79 euros. Onde si remataron foron na CEIP de Oímbra, que con 42.000 euros se acometeron traballos de mellora do seu aspecto interior.

Te puede interesar