Arrancan os "Venres Son de Contos" na Biblioteca de Verín

Volven os “Venres Son de Conto” á Biblioteca de Verín, unha actividade organizada polos seus responsables e o equipo de voluntarios da entidade. Durante o mes de agosto, a Biblioteca presenta unha serie de contacontos e outras actividades lúdicas ao aire libre dirixidas aos máis pequenos. 

A cita deu o pistoletazo de saída este venres, con Luis Vallecillo, un compositor e titiriteiro que compartiu unha mensaxe de igualdade e respecto. O espectáculo  “A igualdade non ten idade” está baseado na música e en aprender de xeito divertido, da man das súas personaxes Mama Mera e Papabuis. 

O vindeiro día 12 visitará Verín, na rúa Irmáns La Salle, Raquel Queizás, contacontos e actriz. “O Eco das Pedras”, segundo a narradora, é unha función que pretende “descifrar” as mensaxes secretas que conteñen as rochas.  O 19 de agosto será a quenda de Paco Nogueiras e o seu show “Brinca Vai, de aquí e acolá”. A Biblioteca pechará este ciclo de contacontos ó aire libre con Bemol Pequeño e o seu espectáculo “Música Miúda en Concerto” o día 26.

Te puede interesar