XORNADAS HIDROGRÁFICAS

O Concello de Verín acolle unha xornada da Escola de Ríos Transfronteriza

Esta iniciativa está enmarcada no contexto da Eurocidade Chaves-Verín e conta coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Duero

O Concello de Verín acollerá hoxe unha xornada da Escola de Ríos Transfronteriza. Esta iniciativa está enmarcada no contexto da Eurocidade Chaves-Verín e conta coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Duero. A xornada desenvolverase a partir das 10,30 horas na sede da Eurocidade, en Feces de Abaixo.

O acto de inauguración terá lugar a partir das 10,30 horas e participarán na mesma o presidenta da Eurocidade, Antonio Cándido Monteiro Cabaleiro; Gerardo Seoane Fidalgo, director da Eurocidade; Roberto Castro, subdelegado do Goberno en Ourense; Juan Ignacio Diego, presidente da Confederación Hidrográfica do Duero, e Pimenta Machado, administraçao Hidrográfica do Norte.

Será este último, Pimenta Machado, quen abra as intervencións, falando sobre a Planificacion hidrolóxica e xestión hidráulica na parte portuguesa da demarcación do Duero. Seguidamente, o xefe de servizo da Comisaría de Augas de Zamora, José Manuel Herrero, falará sobre Actuacions en cauces na provincia de Ourense.
Xa pola tarde, Urbano Sanz, comisario adxunto da Confederación Hidrográfica do Duero, falará sobre o marco xurídico e competencial español en materia de augas. Ocupará o estrado seguidamente Ana Salgado Cámara, técnico superior de Tragsatec, que disertará sobre Ordenación do territorio e xestión dos verquidos na comarca de Verín. Pechará a xornada Concepción Sanz, técnico de verquidos da Confederación Hidrográfica, que falará sobre a Calidade das augas do meu río. Problemática dos verquidos na comarca de Verín. Solucións sostibles para depurar en pequenas poblacións.

Te puede interesar