ENTREVISTA

José Manuel Castro: "O medio rural, para subsistir, ten que ser tratado como unha excepción"

26.02.16.OS BLANCOS.CONCELLO.JOSE MANUEL CASTRO.
photo_camera José Manuel Castro, alcalde de Os Blancos.

Tivo que repetir comicios para dilucidar o resultado que o levaría á alcaldía dun Concello totalmente endebedado. Non hai marxe no seu consistorio para o erro.

José Manuel Castro é todo un valente da política municipal. De seguro que non haberá moitos alcaldes que tiveron que someterse a unha segunda volta electoral logo de teren empatado en votos cos seus rivais, daquela o PPdeG, nas eleccións de 2011 e encabezando unha formación independente. Tivo que repetir comicios para dilucidar o resultado que o levaría á alcaldía dun Concello totalmente endebedado. Non hai marxe no seu consistorio para o erro. Os poucos recursos que chegan para a súa xestión son os que percibe dos impostos e taxas municipais. Con todo, foi quen de obter o 86% do apoio dos votantes nas pasadas elecciós municipais e ten seis dos sete concelleiros da Corporación. Di que agora se están facendo as cousas ben, "ou polo menos tentámolo, as nóminas e os proveedores vanse pagaNdo ao día e a débeda vaise reducindo".

Non me quero ver eu na súa pel no momento en que chegou a ese Concello.

Eu cheguei ó Concello e atopeino en quebra técnica, totalmente desestructurado. non había goberno, era un total descontrol, e iso era sabido non só polos veciños senón tamén polo resto das Administracións. O primeiro que fixen foi poñerme co Plan Xeral de Ordenación Municial, que non o tiña; e mellorar todos os servizos, tanto de abastecemento como de saneamento, que estaba todo feito un desastre. Logo viñeron as melloras dos servizos sociais... que foi como poñelos en marcha de novo. 

Os Blancos foi famoso, e sígueo sendo pola súa débeda.

Pois, lamentablemente, é así. Cando cheguei a débeda era de catro millóns de euros, e agora está en tres. Ten unha poboación total de 930 habitantes. É un Concello totalmente inviable, que só se pode soster se hai unha profunda reforma da lei que regula as administracións locais e a súa financiación. Os recursos que por administrado recibe un municipio máis grande son maiores que os que lle otorgan a un pequeno como o noso. Din que é polos servizos, pero é que os servizos tamén os temos que prestar aquí! O medio rural, se queremos que subsista, ten que ser tratado como excepción. 

Nesa tesitura, albisca vostede algunha solución para vivir a situación financieira do Concello dun xeito máis desafogada?

Somos o único Concello de Galicia coa participación do Estado retida, somos un dos 40 municipios de España coa débeda máis alta, tanto a Xunta como a Administración xeral non queren facer nada, non queren facer excepcións. Por iso estou barallando nesta lexislatura rexistrar unha proposición de Lei para que se lexisle un pouco para as excepcións, ou para os desiguais, chámalle como queiras. 

Quero pensar que será moi difícil ilusionarse con novos proxectos sabéndose sen recursos.

É difícil, si, pero non podemos deixar de lado ós nosos administrados por una nefasta xestión anterior. Agora, no que máis implicado estou é nos servizos sociais, estamos co proxecto da residencia da terceira idade, porque considero que se trata dunha necesidade tanto para este Concello como para a zona. O Sureste da comarca da Limia ten moita demanda dun centro como tal. A finca na que se erguerá a residencia é municipal, e agardo que sexa o 2017 o ano no que se poña en funcionamento. Tanto Xunta como Deputación xa comprometeron as cantidades precisas para a súa construcción. O convenio de colaboración de ambas institucións asinaráse con toda probabilidade neste mes. Ese é sen dúbida o máis importante, logo hai pequenas cousas que poderiamos calificar como de trámite, as típicas de calquer concello de Galicia. 

Cál ten sido a resposta do resto de Administracións a esta problemática da débeda?

A min, o máis sorprendente de todo, logo da débeda de catro millóns de euros que herdei, foi a resposta do resto das Adminsitracións públicas, agás a provincial, que foi a única que se involucrou un pouco. Tanto a autonómica como a central non queren oír falar de Os Blancos, e moito menos de negociar a débeda ou mesmo condonala. A palabra máxica que usan é a do precedente, que se senta un precedente, pero non se dan conta que o Concello é a xente, non a casa consistorial, a casa de pedra que alí está levantada.

Solicitouse a condonación da débeda, solicitouse á Xunta a dispensa dos servizos do alumeado público e o das vías públicas, e a resposta foi o silenzo. Aínda agardo contestación dende hai tres anos, pero o non haber vontade política... En Galicia só hai un concello nesta situación, non hai ningún máis, e Os Blancos debería ser unha excepción para a Xunta. Pero dígoche máis. É moi sinxelo botarlle a culpa ao alcalde ou alcaldes anteriores, pero creo que tamén a Xunta de Galicia ten algo de responsabilidade no control dos recursos dos Concellos. Para algo está o Consello de Contas. Creo que, se tratamos de salpicar ou buscar culpables, habería moito a quen responsabilizar. Pero tamén digo que ese tempo xa pasou, a débeda non prescribiu pero o tempo para buscar culpables, si.

Se eu fose o alcalde, non me presentaba ás seguintes con este panorama.

Non quero evadir a resposta, pero é que neste momento non sei se concurrirei ós vindeiros comicios. Estáse falando moito da fusión dos concellos, incluso a min dende a Xunta de Galicia me fixeron ese ofrecemento, se habería posibilidade. Pero cando se tocou o tema da débeda, de se habería quita... todos calaron. Non sei que pasará, pero se non se fai algo con esta débeda, creo que o Concello de Os Blancos vai a ser un noiva que ninguén queira. Non me atrevo nin tan siquera levantar o teléfono para chamar a algúns alcaldes da zona e facerlle tal ofrecemento.

Te puede interesar