BANDO MUNICIPAL

Monterrei urxe aos veciños a que desbrocen como prevención contra os incendios

Imaxe de arquivo duha persoaa desbrozando unha finca (foto: Xesús Fariñas).
photo_camera Imaxe de arquivo duha persoaa desbrozando unha finca (foto: Xesús Fariñas).
Deberán desbrozar arredor de aldeas e vilas ata a distancia que marca a normativa, a menos de 50 metros das aldeas ou outras edificacións illadas

O Concello de Monterrei lembrou á veciñanza a través dun bando da obrigatoriedade que teñen de xestionar a biomasa de todos os terreos que estean situados a menos de 50 metros das aldeas ou outras edificacións illadas.

Esta medida vén notificada en cumprimento da Lei 03/2007 de defensa contra incendios forestais, que por desgracia afectan todos os anos con especial virulencia á comarca de Monterrei.

Os propietarios destes terreos deberán desbrozar arredor de aldeas e vilas ata a distancia que marca a normativa, co fin de prevenir e evitar males maiores no caso de lumes.

O Concello marca como data límite o próximo 31 de maio para a realización das rozas de estrume, eliminación de pés de piñeiros, eucaliptos e acacias, e tamén o rareo e degallo polo baixo dos pés do resto de especies. Do contario, os propietarios poderían ser sancionados.

Te puede interesar