Os veciños de Cualedro reciben material para a prevención de incendios

cualedro (4)
photo_camera Entrega dos materiais aos veciños do municipio.
As ferramentas recibidas teñen un custo de 6.000 euros

Os integrantes da asociación de veciños de Atás xa contan con material de prevención de incendios. Foi Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, quen fixo entrega de diferentes ferramentas para este colectivo este xoves na casa consistorial de Cualedro, acompañado de Luciano Rivero, alcalde de Cualedro. O obxectivo disto é fomentar a participación cidadá nas tarefas de xestión da biomasa e así anticiparse aos lumes.

Os veciños recibiron un motocultor, unha rozadoira de martelos e unha podadora de altura, todo por un investimento de 6.000 euros da man da Consellería de Medio Rural. Esta cesión enmárcase no establecido pola normativa vixente e no desenvolvemento do Plan preventivo implementado por esta Consellería.

Loita contra o lume

O director xeral lembrou que esta acción enmárcase nunha iniciativa “experimental e pioneira” que o Goberno galego quere ampliar a outros tantos proxectos semellantes en toda a comunidade autónoma, para o que dispón dun orzamento total de 150.000 euros.

Desta forma, indicou Rodríguez, os veciños “poderán actuar en labores preventivos nas faixas secundarias mediante o uso do material entregado”. Dende a Consellería queren recordar que a xestión da biomasa nas franxas secundarias é competencia dos particulares e, de non levarse a cabo, o Concello de Cualedro poderá executar ditos traballos de forma subsidiaria.

Te puede interesar