CULTURA

A exposición "Múltiple" cerra con máis de mil visitas en Verín

211029EXPOSICION  A ARTE DO GRAVADO_DE PICASSO A BARCELO_4
photo_camera Visitas á sala de exposicións verinensa. (Foto: cedida).
A través dunha proposta didáctica, coñeceron a mostra 795 persoas de 39 aulas dos centros da vila

Máis de mil personas visitaron “Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló”, unha mostra que acolleu a sala de exposicións de Verín ata o pasado venres. Nos 20 días nos que a exposición, organizada pola Afundación Abanca coa colaboración do Concello de Verín, estivo aberta ao público recibiu un total de 1.023 visitas. 

“Múltiple” tivo unha especial incidencia no sector educativo. Para alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria, 1º e 4º de Educación Secundaria e 1º e 2º de Bacharelato, ofrecíase unha proposta didáctica coa apertura á carta e fóra do horario para o público en xeral.

Así, a través desta iniciativa foron 795 as persoas que coñeceron as técnicas do gravado contemporáneo. Un total de 39 aulas do CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario; IES Castro de Baronceli, IES García Barbón e IES Xesús Taboada Chivite.

Ademais das visitas individualizadas, e tamén dentro do horario para o público en xeral e con proxectos propios -como a realización dun gravado inspirado nas obras expostas- visitaron a mostra 79 persoas, divididas en varios grupos organizados pola Escola de Artes e Oficios do Concello e pola Asociación Morea. 

“Múltiple” exhibía 35 obras dos artistas gravadores máis destacados do século XX español, como Picasso, Dalí, Miró, Barceló, e Mallo, entre outros.

Te puede interesar