Antena 3 TV e ONDA CERO RADIO traen a Ourense o BUS DA TORRE DE HÉRCULES

Antena 3 TV e ONDA CERO RADIO Galicia puxeron en marcha un autobús que está a percorrer Galicia promocionando a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade. O autobús, rotulado con espectaculares imáxenes da Torre estará mañá xoves 27 de decembro na Rúa Isabel la Católica de Ourense (Xardins Padre Feijoo xunto ó Edificio Simeón) e servirá para que os cidadáns apoien a candidatura coa sua sinatura.
En colaboración co Concello da Coruña e o Instituto de Estudos Torre de Hércules, Antena 3 TV e ONDA CERO pretenden dar a coñecer a singularidade do faro romano en activo máis antigo do mundo.

En cada localidade onde se detén o bus, ONDA CERO realiza espazos especiais en directo de 12’30 a 14’00 nos que se recollen testemuñas dos representantes da vida social e política de cada localidade que acuden a apoiar coa sua firma a candidatura. O bus iniciou a sua andaina o pasado mércores 19 de decembro en Lugo, xa que a sua muralla é o último monumento galego declarado Patrimonio da Humanidade. A xira percorre tamén Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense (27 decembro), Vigo, Pontevedra e remata os días 2, 3 e 4 de Xaneiro na cidade da Coruña. Tamén está previsto que pase por Carballo, Vilagarcía de Arousa, Lalín, Narón, Ribeira e Ponteareas.

O vindeiro 1 de febreiro de 2008 remata o prazo de presentación de toda a documentación que aportan as candidaturas de todo o mundo. En abril de 2008, o comité da UNESCO decidirá finalmente entre todas las candidaturas presentadas, as 45 que optarán á final. Se a Torre de Hércules entra nesta primeira criba, a elección final do comité producirase en 2009.

Facemos un chamento a todo-los e as ourensáns para que pasen asinar polo Bus Torre de Hércules de 10 a 14.00 pola mañá e de 16.00 a 18.00 pola tarde.

Te puede interesar