POLÍTICA

O BNG critica a súa exclusión dunha reunión con veciños

Apunta "como é posible que se faga unha convocatoria institucional incorporando a un grupo político e excluíndo a outros que tamen conforman o pleno?"

O portavoz do BNG no Carballiño, Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, puntualiza que unha vez "aprobados os orzamentos, estos pasan a ser responsabilidade de tódala Corporación e non de ningún grupo en particular, e correspóndelle ao goberno local a súa execución". Refírese a que o pasado martes convocouse á veciñanza da rúa da Saleta a unha reunión para informar da reforma en dita rúa.

"A convocatoria institucional insolitamente foi realizada polo alcalde e o portavoz de Alternativa Veciñal, non tendo, polo menos o BNG, coñecemento,información ou convite para participar dela" sinala.

Por ese motivo, engade Ferreiro Abelleira que "actitudes como a denunciada, alonxan notablemente a nosa organización de calquera colaboración sinceira co grupo de goberno,que manifesta un comportamento torpe e caciquil".

En consecuencia, dirixe ao goberno local un total de sete preguntas para que explique dito comportamento. Entre outras, apunta "como é posible que se faga unha convocatoria institucional incorporando a un grupo político e excluíndo a outros que tamen conforman o pleno?". 

Te puede interesar