O BNG tamén insta a declarar como non grata á familia de Franco

Os nacionalistas reclaman unha condena pública das declaracións da Fundación Franco

O grupo municipal do BNG defenderá no próximo pleno unha moción mediante a que insta á Corporación a declarar á familia do ditador e a Fundación Franco non gratos no Concello do Carballiño. Pretende, ademais, adherirse á proposta aprobada polo pleno de Sada pedindo á Xunta de Galicia que sexa este Concello o encargado das visitas guiadas ao Pazo de Meirás.

Os nacionalistas reclaman unha condena pública das declaracións da Fundación Franco nas que expresaba a súa intención de usar as visitas guiadas ao pazo para facer apoloxía da ditadura e adherirse e apoiar a iniciativa da “Xunta Pro da Devolución do Pazo de Meirás”.

Te puede interesar