Un certame de curtametraxes dun minuto,nas Xociviga

Os xóvenes de entre 13 e 21 anos están chamados a participar nun novedoso concurso de curtametraxes, que organiza a Concellería de Cultura do Carballiño co gallo da celebración das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga), que se desenvolverán do 2 ó 6 de agosto na súa vixésimo sétima edición.
Un certame de curtametraxes dun minuto,nas Xociviga
Os traballos deberán ser presentados a este certame ata o día 20 de xullo 'en lingua galega, e a súa gravación farase por medio dun terminal ou teléfono móbil sen que poda exceder de sesenta segundos (un minuto) de duración', tal e como explicou onte a responsable municipal de Cultura, Asunción Rivero. Un xurado, integrado pola propia concelleira, a actriz Josi Lage e os técnicos de televisión e cine Asun Adá, Roberto Oribio e Jorge Obispo, seleccionará un total de tres curtametraxes, que recibirán como premios un ordenador portátil, otorgado polo Centro Comercial Aberto do Carballiño; un Ipod Touch e un Mp4.


RESTRICCIÓNS

Tanto Asunción Rivero coma Roberto Oribio destacaron que 'o obxectivo deste concurso é conquerir unha meirande implicación dos xóvenes nas Xociviga, e tamén fomentar a súa creatividade e orixinalidade á hora de encarar unha producción audiovisual deste tipo'. O xurado rexeitará aquelas pezas 'que non ofrezan as garantías técnicas para unha boa proxección, e as que conteñan imaxes obscenas ou violentas'.