Cine Club oferta un novo bono de 10 e 20 euros para cinco pases

Cine Club Carballiño oferta nesta nova campaña que empezou o pasado vernes novos bonos a maiores dos mensuais que se manteñen a 10 euros para traballadores e cinco euros para parados, estudantes e xubilados. Este novo bono é de 10 e 20 euros respectivamente e servirá para cinco pases para ver una película cando se queira ao longo de todo o ano. Incluso pode ser comprado por unha persoa e empregado por outra, segundo indican os responsables da entidade. 'Deste xeito, unha película sae de regalo e ademáis mantemos o bono anual por 60 euros', engaden.
Esta tempada coincide coa sesión ordinaria número 100, xa que de carácter extraordinario proxectáronse outras 60.

Este pasado venres iniciábase ás 20,00 horas coa película Charada, xunto coa curta de Alfredo Pardo, 'Lola'.

Tamén se fixo 'una pequena festa de inauguración co sorteo de agasallos entre os asistentes e, ao remate da película, un viño e uns pinchos para marchar con bo sabor de boca e agradecer ao noso público a súa asistencia', sinalan os membros de Cine Club.

Te puede interesar