CONCENTRACIÓN

O domingo, concentración de coches de antes dos anos oitenta

Entre 60 e 70 coches clásicos anteriores aos anos 80 participarán nunha concentración que terá lugar o próximo domingo no Carballiño

Entre 60 e 70 coches clásicos anteriores aos anos 80 participarán nunha concentración que terá lugar o próximo domingo no Carballiño. A iniciativa está organizada polo Club Arenteiro Clásicos Carballiño, en colaboración coa área municipal de Deportes. 

O comezo está previsto para as 10,00 horas, na rúa principal, de onde partirán os coches cun percorrido de 50 quilómetros, por diversos lugares da comarca. 

Ao remate deste percorrido, sobre as 15,00 horas, os participantes celebrarán unha comida de confraternidade no restaurante O Barazal, en Maside.

Te puede interesar