FESTA DO PULPO

A Festa do Pulpo cústalle ao Concello 25.000 euros

Festa do pulpo de O carballiño
13-8-17
Eustaquio,pepe,Juan,Mª Luisa,Hortensia,Agustín
photo_camera Mesas no recinto do xantar oficial da Festa do Pulpo, o pasado 13 de agosto.

O goberno municipal di que é unha cifra "irrisoria" ante o retorno que xera

A recente edición da Festa do Pulpo, que se celebrou o 13 de agosto, deixará un déficit aproximado de 25.000 euros para as arcas municipais, según as previsións da organización, e semellante ó da pasada edición, que foi de 23.500 euros. Aínda coas contas sen pechar definitivamente, o balance económico volta resultar negativo a pesares de que o evento, que cumpliu 55 anos, recibe unha serie de subvencións importantes.

Concretamente, as que concede a Xunta (15.000 euros), o Inorde (12.000) e Abanca (11.000), cantidades ás que hai que sumar os ingresos procedentes da instalación de postos ambulantes no Parque municipal (22.000 euros) e das entradas para o xantar no recinto oficial, que suman algo máis de 20.000 euros. E é precisamente neste apartado onde se centra a meirande parte do desfase, xa que o custe para o Concello do servizo de cátering elévase ós 41.000 euros, dun total de 105.000 de gastos, mentres os ingresos rondan os 80.000 euros.

"Que o Concello teña que poñer 23.000 ou 25.000 euros para a organización da Festa do Pulpo é irrisorio comparado co retorno económico incalculable que representa o evento para os establecementos comerciais e de hostelería do Carballiño", apunta o concelleiro de Promoción Turística, José Manuel Dacal. O temén edil de Festexos engade que "esa é a nosa aportación, e penso que é rentabilísima para o municipio".

Pero esta postura non é compartida pola oposición. Neste sentido, o portavoz de Alternativa Veciñal, Bernardo García, considera que "a festa non pode deixar déficit nas arcas do Concello, xa que debe financiarse por axudas doutras administracións, por ingresos dos postos directos e dos sectores máis beneficiados pola mesma, como son os pulpeiros, a hostelería e o comercio". Ó respecto, García plantexa deseñar previamente un programa de actividades "debidamente orzamentado e coñecido por tódolos grupos políticos". 

Te puede interesar