A limpeza de tuberías evitará inundacións na rúa Compostela

Unha brigada de operarios da empresa Aquagest está a realizar unha limpeza integral das canalizacións de saneamento existentes na rúa Compostela, que sufriron unha importante saturación durante o último temporal de choiva. Fontes da Concellería de Servizos apuntaron que 'o obxectivo é eliminar os residuos sólidos que quedan nas tuberías, de xeito que en caso de novas precipitacións a auga circule libremente e non faga saltar as tapas do rexistro'.
Hai xa un mes que os baixos e garaxes soterrados dos edificios desta avenida, que enlaza o polígono industrial de A Uceira coa estrada N-541, sufriron graves inundacións, debido ó forte caudal de choiva caído, que superou os 100 litros por metro cadrado.

O edil de Obras, Manuel Amil, sinalou que este acondicionamento da rede de saneamento é provisional, 'mentres non se atope unha solución á falla de canalización das augas pluviais nesta zona'.

Te puede interesar