Servizo de emerxencias

Novo vehículo para o parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro

Pablo Pérez e Luis Menor visitando.o parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro_result
photo_camera Pablo Pérez e Luis Menor na súa visita ao parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro.

Esta incorporación enmárcase no propósito do Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios de investir na dotación de máis medios técnicos de emerxencia e na mellora do acondicionamento das distintas instalacións 

O Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento continúa a incorporar novos vehículos a súa dotación de medios técnicos, “co fin de seguir a mellorar na calidade dos servizos que prestamos en materia de emerxencias aos nosos veciños”, sinalou o presidente do Consorcio, Pablo Pérez, trala visita que realizou ao parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro. Estivo acompañado polo director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luis Menor.

Desde o pasado luns, 10 de setembro, este parque de bombeiros conta cun novo vehículo 4x4 dotado cun equipo de excarceración, cisterna de auga, bomba de alta presión, mástil de iluminación telescópico entre outras características técnicas.

Esta nova incorporación ao parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro enmárcase no propósito do Consorcio de investir na dotación de máis medios técnicos de emerxencia e na mellora do acondicionamento das distintas instalacións dos parques de bombeiros que conforman o consorcio, finalidade para a cal aprobou no seu último pleno, unha modificación orzamentaria que ascende a 600.000 euros.

Te puede interesar