A oposición de Boborás rexeita a construcción de beirarrúas

A Corporación municipal de Boborás aprobou en sesión plenaria o proxecto técnico das obras de colocación de catro tramos de beirarrúas na localidade de Feás, na estrada OU-0415, que comunica os núcleos de Brués, no mesmo municipio, e Portela da Cruz, xa no concello pontevedrés de A Lama. Iste proxecto foi incluido para a súa execución pola Deputación Provincial de Ourense, por un valor de 60.000 euros.
Nembargantes, según poideron comprobar os dous concelleiros do Movemento Veciñal (Move), parte desas obras xa están executadas, 'e consideramos que o resultado final é desastroso', apunta a súa voceira, Eva Pardo. Ademais, critican o feito de que xa teñan pasado máis de 15 anos dende que se executou a primeira obra de mellora nesta estrada, 'e por iso a construcción das beirarrúas é solo un parche'.

Pola súa banda, o alcalde, Cipriano Caamaño, asegurou que 'o proxecto das beirarrúas de Feás é necesario para humanizar esa travesía, de xeito que os veciños da localidade dispoñan dunha ampla zona peonil'. O rexedor engadiu que 'esta xa é a terceira fase que se executa'.

Te puede interesar