Oposición dos veciños a que se peatonalice a rúa Caridade

Veciños da rúa Faustino Santalices do Carballiño manifestaban onte o seu malestar ante a proposta ó Concello por parte de hosteleiros da rúa Caridade para a súa peatonalización.
Estes veciños opóñense a que se cerre ó tráfico a rúa Caridade porque Faustino Santalices é unha continuación, que se quedaría con un só acceso de entrada, a través da Baixada de Flores.

Nese senso xa informaron á Policía Local co fin de evitar que vaia adiante a proposta dos hosteleiros, que segue o exemplo da recén peatonalizada Curros Enríquez, que se decidiu por votación de comerciantes e hostelerios en urna.

Te puede interesar