O Parque de San Cibrao de Las empeza hoxe os talleres didácticos

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás inicia hoxe a súa programación didáctica dirixida a nenos e tamén a xóvenes estudiantes de Bacharelato.

A xerencia do parque advirte que é necesario facer reserva previa durante este mes de marzo para participar nos distintos talleres sobre "que comemos hoxe", "contame un conto", "corre...corre que te cazo", "símbolos e signos", "lume" e "bandua lansbricae".

Así, dun xeito sinxelo, con xogos e prácticas, os rapaces entenderan a agricultura, recolleita e gandería, poderán experimentar unha auténtica xornada de caza castrexa na contorna, descubrirán a temática ornamental representada principalmente na súa arquitectura e escultura ou comprobarán a dificultade de conseguir facer lume mediante diferentes técnicas. 

Te puede interesar