Un plan de detección de eivas evolutivas nos nenos amplíase a toda a comarca

O programa de ‘Prevención e detección precoz’ de problemas evolutivos tanto físicos coma psíquicos dos rapaces de ata tres anos de idade que leva a cabo a Mancomunidade do Carballiño extenderase no mes de xuño a tres novos concellos, logo de ser aplicado en Boborás en San Cristovo de Cea.

Os responsables da unidade de atención dos Servizos Sociais do ente comarcal anuncian que ‘imos continuar co programa no resto dos concellos mancomunados, para o cal citamos a unha primeira reunión informativa ás famílias censadas en San Amaro, Beariz e O Irixo’. A primeira xuntanza desenvolverase o vindeiro martes 2 de xuño, ás 12.00 horas no Centro de Saúde de San Amaro ás 12 horas, mentres a segunda celebrarase ó día seguinte, ás 11.00 horas, na Casa do Concello de Beariz.

A derradeira reunión trasládase ó luns 8 de xuño e están citadas as familias de O Irixo na Casa do Concello, á mesma hora. A unidade terapéutica da Mancomunidade elaborou o pasado ano un informe encol da situación familiar, social e económica das persoas de entre 18 e 65 anos -en idade laboralcon algún tipo de discapacidade psíquica.

Te puede interesar